Amosando publicacións coa etiqueta Marxes Fílmicas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Marxes Fílmicas. Amosar todas as publicacións

06/06/24

Cine estival en Ribadavia e Seixalvo

Marxes fílmicas filisteas 2024: Mirando a Palestina

Cine ao ar libre en Seixalvo

Sesións extraordinarias [+]


De seguido o refresco que propomos para este periodo estival, con programación en catro días de xuño, e dous en agosto e setembro.

Comezamos coa décimo terceira edición das Marxes fílmicas filisteas. Miramos a Palestina, cuxo territorio a historiografía o sitúa en torno ao 1200 a. C. a aparición duns pobos, denominados «pobos do mar», grazas ás fontes exipcias, que ocasionaron a crise e desaparición de diferentes culturas, imperios e reinos que existiran durante o Bronce Recente, xurdindo así novas entidades políticas como é o caso dos filisteos cuns hábitos culturais novos. A actual rexión, recibíu diferentes nomes; Os exipcios chamáronlle Canaán, os hebreos Israel, e os romanos dividírona en tetrarquías, entre as que estiveron as de Galilea e Xudea para logo darlle o nome de Palestina. Pola súa banda, os cruzados denominárona Terra Santa que dicían defender a sangue e lume...e que aínda hoxe segue a ser fonte de conflicto permanente.




«Marxes fílmicas 2024»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclubePF)


As Marxes fílmicas 2024, son en calquera caso catro miradas a Palestina sobre a poboación e os habitantes que sofren ese conficto eterno, os luns e mércores da segunda quincena de xuño, no patio do Museo etnolóxico de Ribadavia



XIII Marxes fílmicas 2024: Mirando a Palestina

Marxes fílmicas filisteas: Mirando a Palestina


Na décimo terceira edición das Marxes fílmicas filisteas miramos a Palestina, cuxo territorio a historiografía o sitúa en torno ao 1200 a. C. a aparición duns pobos, denominados «pobos do mar», grazas ás fontes exipcias, que ocasionaron a crise e desaparición de diferentes culturas, imperios e reinos que existiran durante o Bronce Recente, xurdindo así novas entidades políticas como é o caso dos filisteos cuns hábitos culturais novos. A actual rexión, recibíu diferentes nomes; Os exipcios chamáronlle Canaán, os hebreos Israel, e os romanos dividírona en tetrarquías, entre as que estiveron as de Galilea e Xudea para logo darlle o nome de Palestina. Pola súa banda, os cruzados denominárona Terra Santa que dicían defender a sangue e lume...e que aínda hoxe segue a ser fonte de conflicto permanente.




«Marxes fílmicas 2024»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclubePF)


As Marxes fílmicas 2024, son en calquera caso catro miradas a Palestina sobre a poboación e os habitantes que sofren ese conficto eterno, os luns e mércores da segunda quincena de xuño, no patio do Museo etnolóxico de Ribadavia



08/06/23

XII Marxes Fílmicas: Ucraína

A Rus de Kiev, unha federación de tribos eslavas orientais, converteuse no Estado máis grande e poderoso de Europa dos séculos IX a XI. Ese territorio foi pasando a mans de diferentes potencias invasoras: primeiro foron os mongoles, despois austrohúngaros, otománs, os tsares rusos, até que no 1917 se converte nunha das Repúblicas fundadoras da URSS.

Desde 1991 Ucraína é un país independente. Prové de cereal a medio mundo, malia que a xente non goza da prosperidade económica prometida. O ucraíno e o ruso conviven como linguas de uso cotiá. Politicamente, sofre a inestabilidade dos seus gobernos: un dos seus presidentes sufriu un intento de envelenamento, producíronse manifestacións e algaradas de índole europeísta e nacionalista -o Euromaidán-, e o seu actual dirixente, Volodímir Zelenski, saltou á fama a través dunha serie de televisión na que encarnaba o mesmo presidente do país. Pero se hai un rasgo definitorio na condición ucraína, e a súa “condenada” posición xeopolítica estratéxica, entre os cantos de serea das potencias occidentais -a UE, a OTAN- e os da veciña Rusia.

Esta encrucillada é un reflexo da súa produción cinematográfica, que se caracterizou a miúdo por un debate sobre a súa identidade propia e sobre o nivel de influencia rusa e europea. Entre os seus grandes cineastas cómpre salientar os nomes de Kira Murátova -directora, guionista e actriz-, Aleksandr Dovzhenko -pioneiro da teoría da montaxe-, Dziga Vértov -autor, entre outros, de O home da cámara e do primeiro documental ucraíno sonoro: Entusiasmo. Sinfonía do Donbass- ou Serguéi Paradzhánov -cuxo cinema poético se afastou dos dogmas do realismo socialista-.

Coa lembranza das cruentas imaxes de Eisenstein na escalinata de Odesa -O acoirazado Potemkin, 1925-, as Marxes Fílmicas 2023 poñen o foco na Ucraína contemporánea, a que vive o drama da guerra: máis de 60.000 persoas mortas e outras tantas feridas, así como 17 millóns de persoas obrigadas a desprazarse lonxe das súas casas. Catro noites de cine ao abeiro do patio do Museo Etnolóxico para reflexionar, coa colaboración do Instituto Francés, a través de diferentes xéneros fílmicos -documental, drama, comedia, musical- sobre as consecuencias da política internacional e da violencia sobre a poboación civil ucraína.

Enfocamos a vida da Ucrania recente desde varias perpectivas e experiencias para reflexionar sobre as consecuencias da política internacional e da violencia que afecta á poboación causada pola guerra.




«MF:Ucraína-2023»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Co acollemento organizativo e hospitalario do Museo etnoloxóxico, proxectaremos desta vez na cuarta e quinta semana do mes de xuño, luns e martes, os días 19, 21, 26 e 28 de xuño do 2023 nunha única sesión, ás 22:00 h., en VOSE (acceso de balde); no patio do de



28/06/22

XI Marxes fílmicas: Vietnam

A crúa guerra vivida en Vietnam no século pasado foi motivo de guión e argumento para moitas cintas. Se hai un título que a todo o mundo lle vén á cabeza nese sentido, é a inesquecible «Apocalypse Now» (Francis Ford Coppola, 1979), rodada porén en Filipinas. Ademais, outras moi famosas foron «Good Morning Vietnam» (Barry Levinson, 1987), «A chaqueta metálica» (Stanley Kubrick, 1987) ou «O cazador» (Michael Cimino, 1978). Con todo, pouco máis se sabe da historia deste país, onde sempre se contaron os relatos desde os ollos occidentais e que pouco a pouco foi quen de gañarse un oco na sétima arte asiática.

Algunhas das mellores películas dos últimos anos son as seguintes, e agardamos se aventuren connosco nesta viaxe ao sueste asiático desde o patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia.




«MF:Vietnam-2022»· cartel realizado por Manuel P. Barbeito (cineclupePF)


Os filmes proxéctanse na segunda e terceira semana do mes de xullo, luns e martes, os días 4, 5, 11 e 12 de xullo do 2022 nunha única sesión, ás 22:00 h., en VOSE (acceso de balde); no patio do de



24/06/21

X Marxes fílmicas (2021): Perú

A pesar de celebrar en varios anos consecutivos, un período de gran crecemento económico, (nos 90, chegou a ser comparado cos tigres de Asia) Perú sigue a sufrir a desigualdade e a inxustiza social.

Desde a segunda metade dos 90, podemos distinguir no cinema peruano, cinco campos: o primeiro dedicado a fórmulas comerciais que atraian ao público masivo; o segundo, que tamén busca a difusión pública pero sen pretensións de audiencia masiva e con temáticas ligadas ao cinema de autor; o terceiro, formado por cintas autoxestionadas que se estrean en espazos alternativos; o cuarto, relacionado co xénero documental e o quinto formado polas curtametraxes realizadas en universidades e institutos.

A selección realizada, busca un híbrido representativo sobre os diferentes campos mencionados, con autoras emerxentes e consagradas/os. É posible identificar unha tendencia para presentar personaxes que como consecuencia da expansión dunha economía neoliberal, vense obrigados a lidar coa cultura de transgresión que se fortaleceu no país durante os últimos vinte e cinco anos e que non atopan un lugar no sistema. Nos filmes seleccionados, existe unha énfase na informalidade e na constante violación ás normas que ten lugar no país e se condicen coas propostas académicas que indican que no Perú estendeuse unha cultura de transgresión pola ausencia dun Estado que impoña a lei. Pódese sinalar que contrapóñense ao discurso que indica que o ingreso do Perú ao mundo globalizado, realizado a través da implantación do modelo neoliberal, está a brindarlle oportunidades a todos os sectores sociais. Hai unha evidencia que diferentes segmentos da sociedade non se están a beneficiar do progreso que prometía o libre mercado. Pola contra, a tendencia é a sinalar que o modelo está a xerar individuos máis que cidadáns debido a que a cultura de transgresión empuxa ás persoas ao individualismo (evidentemente, isto sucede en máis países). Finalmente, en base á selección destas catro cintas poderíase dicir que o cinema peruano de autor está a manter a tradición de poñer en evidencia os problemas da sociedade e non se encola ao discurso do mercado.

Os filmes proxéctanse na segunda e terceira semana do mes de xullo, os luns e mércores, os días 5, 7, 12 e 14 de xullo do 2021 nunha única sesión, ás 22:00 h. en VOE e acceso de balde.

«Marxes Fílmicas 2021» realizado por Gael Carballo (cineclupePF)

Coma sempre antes do teatro da MIT, agardamos veros no patio do de

03/07/20

As clásicas Marxes Fílmicas

Volven nas noites de xullo as marxes fílmicas cunha selección de cine clásico de comedia que salpimente unha obrigada nova normalidade.

Esta só é unha pequena mostra dos filmes que avanzan os festexos que estamos a preparar para celebrar os 50 anos do cineclube. Coma sempre antes do teatro da MIT, agardamos veros no patio do de .

«Marxes Fílmicas 2020» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Os filmes proxéctanse na segunda e terceira semana do mes de xullo, os luns e mércores, os días 6, 8, 13 e 15 de xullo do 2020 nunha única sesión, ás 22:00 h. en VOSE e acceso de balde.

De seguido o detalle da programación:

29/06/19

Marxes fílmicas: unha viaxe a Tunisia

Os primeiros minutos do cine africano na época Lumière foron rodados en Tunisia (polo operador de orixe alxeriana Félix Mesguich) e tamén a produción de Albert Samana Chikly, Ghézal, a filla de Cartago (1924), que está considerada a primeira longa de ficción do continente.

Tunisia, ese pequeno país con pouco máis de 10 millóns de habitantes, segue tentando actualizar o seu camiño de progreso no social e no político. A crise política en Tunisia de 2010-2011, coñecida como a Revolución dos Xasmíns ou a Intifada de Sidi Bouzid, debido a que comezou na cidade de Sidi Bouzid, conqueríu o derrocamento do goberno autocrático de Zine El Abidine Ben Ali.

Os medios de comunicación tomaron como data de inicio o venres 17 de decembro de 2010, cando o mozo universitario e vendedor ambulante Mohamed Bouazizi se queimou ao bonzo na devandita cidade de Sidi Bouzid para protestar pola acción da policía que, ao confiscarlle o seu posto de venda de froitas na rúa, condenárono ao paro e á miseria.

Esta só é unha pequena mostra dos filmes mais destacados de Tunisia e sobre Tunisia dos últimos anos. Paga a pena facer esta viaxe; será no patio do de , como aperitivo do elixir da .

Marxes Fílmicas
«Marxes Fílmicas 2019» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Os filmes proxéctanse na segunda e terceira semana do mes de xullo, os luns e mércores, os días 8, 10, 15 e 17 de xullo do 2019 nunha única sesión, ás 22:00 h. en VOSE e acceso de balde.

De seguido o detalle da programación, mais dadas as dificultades de conquerir algúns dos filmes seleccionados, reiteramos a nosa gratitude pola colaboración do Instituto Francés de Bilbao.

28/06/18

Marxes Fílmicas: Unha ollada ao redor

Rompendo a tradición dos últimos anos, as noites do Museo propoñen a instrospectiva como método de análise: Que din dunha sociedade os filmes que ve?

Diriximos a ollada cara aos espectadores dos festivais de cinema. Consumidores dunha cultura audiovisual que, segundo as directivas da Unión Europea, promoven a formación dun espírito crítico e a difusión dos valores de integración de todas as razas e cultura da nosa contorna.

A través do palmarés do último Festival internacional de curtas de Bueu (FicBueu) e doutras películas con amplo percorrido en certames internacionais (entre eles o OUFF), abrímoslle unha fiestra arredor de nós mesmos , como público.

Os filmes proxéctanse na primeira e segunda semana do mes de xullo, os martes e xoves, nunha única sesión, ás 21:30 h. en VOSE e acceso de balde.



«Marxes Fílmicas: unha ollada ao redor» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


De seguido o detalle da programación, e en breve, daremos conta do cine do verán.




3 Xullo 2018
martes

«Curtas internacionais premiadas no FICBUEU»

FOX
Jaqueline Lentzou (Grecia, 2016) 28 min.
Sección oficial nos festivais de Locarno, Saraxevo e Atenas. Primeiro Premio no FICBUEU 2017

Atenas, Grecia. Unha vaga de calor. Stephanos está a traballar e escoitar rap, mentres a súa nai está planificando o día. Tras outra pelexa entre eles, el queda só para coidar dos seus dous irmáns máis novos e Lucy, o can da familia.


RUAH
Flurin Giger (Suíza,2016) 18 min.
Nomeado á mellor curta na Biennale de Venecia e Festival de Sitges 2016. Segundo Premio no FICBUEU 2017.

Nove personaxes, catro historias, unha situación. Como actuar ao saber que algo grande, algo irreversible, algo do que non pode fuxir ou loitar, vai pasar.


WALD DER ECHOS
Luz Olivares Capelle (Austria, 2016) 30 min.
Mellor película nos Austrian Film Awards e premio á Mellor Dirección no FICBUEU 2017.

Unha adolescente, Christina, perde aos seus amigos no bosque. Ao buscalos, deles atopa os corpos de tres nenos afogados na beira dunha lagoa. Nas vacacións de verán, nas profundidades do bosque, tres nenos, curmáns, xogan ao redor dun lago cando atopan unha moza afogada na auga. Que é real e que é un espello?


BIER & CALIPPO
Paul Ploberger (Austria, 2017) 28 min.
Presente nos festivais de Max Ophüls, Münster e Salzburgo. Mellor Música no FICBUEU 2017.

Un grupo adolescente quere ir de xira. Jojo, a moza da banda, é levada a unha área de descanso polo seu pai preocupado por unha reunión, mentres a súa amiga Toni discute e o resto da banda están borrachos.

SESIÓN:
COTA:
  21:30 h. (CEST)
  De balde até completar aforo (60 persoas aprox.)



5 Xullo 2018
xoves

«Curtas nacionais premiadas no FICBUEU»

LENI K
Alberto Taibo (España, 2015) 19 min.
Mellor Curta e Mellor Director en CyLnema en corto. Mellor Guión FICBUEU 2017

"Leni K." é unha "home movie" gravada pola fotógrafa e cineasta alemá Leni Kastell durante a súa estadía de cinco meses na casa dos seus cuñados en Tierra de Campos, durante o ano 1945.


TIMECODE
Juanjo Giménez Peña (España, 2017) 15 min.
Nomeado á Mellor Curta de Ficción nos Oscar, Palma de Ouro á Mellor curta Festival de Cannes e Mellor Curta de Ficción nos Goya. Premio do Público no FICBUEU 2017.

Luna é unha vixiante de seguridade que traballa no aparcadoiro dunhas oficinas. Cansa do seu traballo e do seu xefe, túrrnase con Diego, a quen apenas ve uns segundos ao día. A partir dun curioso achado, Luna descubrirá unha maneira de comunicarse co seu compañeiro.


LA DISCO RESPLANDECE
Chema García Ibarra (España-Turquia, 2016) 12 min.
Mención Especial no Festival de San Sebastián. Gran Premio do Xurado Semana de Cine de Medina del Campo. Mellor Curta Española no FICBUEU 2017.

Un sábado en abril. Vai bo tempo. A sombra da montaña crece mentres cae a tarde. Cinco nenos preparan a noite: teñen alcol, coche e música. Dá igual que a discoteca leve anos pechada.


NÉBOA
Claudia Costafreda (España, 2017) 18 min.
Mellor Curta Iberoamericana no Festival de Huesca. Mellor Curta Galega no FICBUEU 2017.

Telma, unha muller de 5 anos, regresa a Galicia coa intención de devolver a Desiderio, o can que herdou hai dous meses, logo da morte do seu pai. Para ela acabará sendo unha viaxe de encontro coas orixes nas que terá que superar e afrontar un conflito latente que a mantivo lonxe da súa terra e, sobre todo, do seu pai.


23 DE MAYO
David Martín de los Santos (España,2016) 16 min.
Mención Especial do Xurado no Festival de Cine Español de Málaga. Mellor Película Documental no Festival de Medina del Campo

As voces de dúas mulleres e os vestixios dunha casa detida no tempo rescatan a memoria dos que viviron alí.


DECORADO
Alberto Vázquez Rico (España,2016) 11 min.
Goya Mellor Curta Animada e Mellor Curta Internacional de Animación no Festival Internacional de Vila do Conde. Participación na Quincena de Realizadores de Cannes 2016.

O deterioro dunha relación e a forma en que isto afecta ao mundo que os rodea.



SESIÓN:
COTA:
  21:30 h. (CEST)
  De balde até completar aforo (60 persoas aprox.)



10 Xullo 2018
martes

«Santoalla»

Dirección de e · (2016)

Filme seleccionado para a Gala de inauguración do OUFF 2016

Filme documental que vira ao redor de Martin Verfondern e Margo Pool, unha parella de holandeses progresistas, que só tiñan un soño: vivir no campo, lonxe das limitacións e complicaciones da cidade. Con todo, ao chegar á parroquia galega de Santoalla (lugar no que se rodou "Sempre Xonxa", de Chano Piñeiro), estes estranxeiros desafiaron as tradicións da única familia residente na localidade, iniciando un conflito de máis dunha década que culminou coa misteriosa desaparición de Martin.



SESIÓN:
COTA:
  21:30 h. (CEST)
  De balde até completar aforo (60 persoas aprox.)



12 Xullo 2018
xoves

«Posoki» Destinos

Dirección de (2017)

Presentado no festival de Cannes (Un certain regard) e de Xixón. Premio mellor filme no Festival de Cleveland 2017

Nunha reunión co seu banqueiro, o dono dunha pequena empresa que vive conducindo un taxi descobre que ten que pagar un suborno para obter un préstamo. A comisión que revisou a súa reclamación de extorsión agora quere cobralo. Fóra das súas caixas, dispara ao banqueiro e dispara a si mesmo. O incidente causa un revolvemento a nivel nacional, cuestionando o desencanto da sociedade. Mentres tanto, seis taxistas e os seus pasaxeiros pasan de noite, cada un esperando atopar un futuro mellor.



SESIÓN:
COTA:
  21:30 h. (CEST)
  De balde até completar aforo (60 persoas aprox.)




Todas as proxeccións son en VO/VOS, no patio do Museo Etnológico de Ribadavia,(Rúa Santiago 10 de Rivadavia - Ourense)

Pregamos puntualidade.






Horarios CUT+1




24/06/16

Marxes Fílmicas

Ofrecémosvos o necesario antídoto cultural á vaga deportiva que nos asoballa, será no patio do de , como aperitivo do elixir da .

Nesta edición das «» presentámosvos unha escolma do cinema brasileiro, grazas á colaboración da Embaixada de Brasil (Embaixada do Brasil) en Madrid, onde poderás ollar filmes que doutro xeito serían inaccesibles pola distribución convencional.


Marxes Fílmicas
«Marxes Fílmicas 2016» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

As fitas proxéctanse na primeira e segunda semana do mes de xullo, os luns e mércores, os días 4, 6, 11 e 13 de xullo do 2016 nunha única sesión, ás 22:30 h. en VOSE e acceso de balde.

De seguido o detalle da programación:

01/07/15

Marxes Fílmicas

Na xa habitual retirada dos «» de Ourense, voltamos de novo á imprescindible frescura nocturna do patio do de , durante uns días previos á .

Na edición destas «» presentámosvos un florilexio cinematográfico de Checoslovaquia e/ou República Checa, onde grazas á imprescindible colaboración do Centro Checo (České Centrum) de Madrid, poderás ollar filmes que doutro xeito serían imposibles pola dinámica da distribución convencional.


As vangardas do cinema Checo
«Marxes Fílmicas: as vangardas do cine checo» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

As fitas proxéctanse na segunda e terceira semana deste mes, os martes e xoves, os días 7, 9, 14 e 16 de xullo do 2015 nunha única sesión, ás 22:30 h. en VOSE e acceso de balde.

De seguido o detalle da programación:

09/07/14

Marxes fílmicas; Finlandia

Como todo os anos, polo verán, organizamos o noso habitual retiro de lecer cinematográfico na sala, para ser acollidos no patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia durante os días previos á Mostra Internacional de Teatro.
Finlandia é o país que tratamos nestas Marxes, para ollar filmes que doutro xeito serían imposibles polo acontecer da distribución convencional, que nesta ocasión agradecemos, ao Instituto Iberoamericano de Finlandia, pola súa imprescindible colaboración.
As proxeccións serán o 16,17 e 18 de xullo, ás 20:30 horas, en VOSe (Versión orixinal subtítulada ao castelán), no patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia[?]
A entrada é gratuíta, e a continuación os detallamos a programación:
• mércores 16 de xullo de 2014
A TEORÍA DE KORSO (KORSOTEORIA)
(2012, Finlandia) 30 min.
Dirección: Antti Heikki Pesonen Guión: Antti Heikki Pesonen | Cámara: Aarne Tapola | Montaxe: Hanna Kuirinlahti | Escenografía: Maura Pusa | Música: Antti Pouta | Reparto: Armi Toivanen, Santeri Mäntylä, Asko Sahlman, Max Ovaska, Juha Kukkonen, Sanna-Kaisa Palo
Producción: Tia Kalenius | Distribución: Instituto Iberoamericano de Finlandia | Exhibición: dixital (DVD) VOS en finés con subtítulos en castelán
Elli traballa nun almacén e está a buscar unha vida mellor lonxe de Finlandia. Non obstante, isto é máis doado dicilo que facelo. A película mostra a vida cotiá nun suburbio finlandés aderezada con dose dun humor negro e agridoce.
Notas: "A teoría de Korso" gañou o primeiro premio á mellor idea no concurso "Nordic Talents" de Copenhaguen.
Además,este mediometraje gañou premios no festival alemán "Sehsüchte" (mellor película e mellor actor), no Artova Film Festival en Finlandia (mellor curtametraxe de ficción) e no Festival de Cine de Támpere de Finlandia (Premio Risto Jarva, Premio Especial do Concurso Nacional e a Mención de Honra do Xurado Novo)
UNHA SEMANA TRANQUILA (HILJAINEN VIIKKO)
(2012, Finlandia) 18 min.
Dirección: Jussi Hiltunen Guión: Jussi Hiltunen | Reparto: Antti Luusuaniemi, Rosa Salomaa, Niilo Syväoja, Sampo Sarkola
Producción: Kaarle Aho / Making Movies yo | Distribución: Instituto Iberoamericano de Finlandia | Exhibición: dixital (DVD) VOS en finés con subtítulos en castelán
Unha semana silenciosa é un curta que trata de dúas persoas que non se coñecen, pero que teñen que compartir a culpa por unha vítima inocente asasinada nun tiroteo fronte a unha discoteca.
Notas: A película gañou o premio ao mellor curto de ficción e do xurado novo en Támpere International Short Film Festival.
• xoves 17 de xullo de 2014
A CARGA DO MEU CORAZÓN (SYDÄMENI TAAKKA)
(2011, Finlandia) 45 min.
Dirección: Iris Olsson, Yves Niyongabon Guión e rodaje: Iris Olsson | Montaxe: Oskari Korenius, Iris Olsson | Son: Kimmo Vänttinen, Toni Teivaala
Producción: Claes Olsson & Iris Olsson / Nordic Film Pool | Distribución: Instituto Iberoamericano de Finlandia | Exhibición: dixital (DVD) VOS en finés con subtítulos en castelán
Un grupo de homes está sentado diante dun cubo de auga limpando ósos. Unha nai de familia sen pernas reza durante o día na igrexa, pola tarde cos seus fillos e pola noite soa, envolvida na escuridade. Outros aldeáns reúnense á luz das velas para recordar os seus seres queridos. Algúns choran, a maioría non.
Notas: Esta película está dirixida pola finlandesa Iris Olsson e a ruandesa Yves Niyongabo, e fala dos superviventes da guerra ruandesa entre tutsis e hutus, que han de continuar vivindo, despois do inferno. Tamén se centra na xeración seguinte, que espera para crear paz no medio das ruínas. En outubro de 2012, a película gañou o Premio do Xurado Novo no Festival DOK de Leipzig.
• venres 18 de xullo de 2014
UNHA CLASE ESPECIAL (OMAA LUOKKAANSA)
(2010, Finlandia) 67 min.
Dirección: Iiris Härmä Guión: Iiris Härmä | Montaxe: Tuula Mehtonen | Rodaxe: Hannu-Pekka Vitikainen.
Producción: Visa Koiso-Kanttila, Guerilla Films 2010 en colaboración con YLE Yhteistuotannot | Distribución: Instituto Iberoamericano de Finlandia | Exhibición: dixital (DVD) VOS en finés con subtítulos en castelán
Emotivo documental no que se observa o último ano dunha extraordinaria clase e á súa profesora, Ulla. A clase fórmana once mozos con problemas de aprendizaxe para os cales estudar non está relacionado con entusiasmo, senón coa soidade, a frustración e o acoso escolar. Ulla ensinou teatro a nenos e mozos durante moito tempo, pero este ano, que tamén é o último como profesora, é moi especial. Ela revolucionará o currículo desta clase e achegarase aos once mozos dun xeito moi creativo.
Notas: Omaa luokkaansa, ten gañado o “Church Media Foundation 2010”
.............
Atentos ao mes de agosto, que voltamos co "Cinema na praza", dentro do programa de actividades que nos autorganizamos os colectivos da cidade en Ourense, co nome de VeránêArte de Escua.

27/07/13

Marxes fílmicas

Despois da estupenda repercusión do pasado ano, chega unha nova edición do ciclo adicado aos filmes que, sen distribución comercial, ou á marxe das narrativas convencionais, programamos de novo en Ribadavia, froito da complicidade co Museo Etnolóxico de Ribadavia, e nesta ocasión da inestimable colaboración do Instituto Goethe de Madrid.


As sesións serán todos os martes de agosto, ás 20:15 horas no Museo Etnolóxico de Ribadavia (cómo chegar? -mapa-).

A  entrada é gratuíta (Polo que pedimos a máxima puntualidade). 

Aqui o detalle do programado:

03/11/12

Marxes fílmicas en Ribadavia


















No mes de novembro, aparte do Festival internacional de cine de Ourense (OUFF), o cineclube xunto coa Federación de cineclubes de Galicia, colaboran nun ciclo de miradas etnográficas, que coordina o Museo etnolóxico de Ribadavia. Os venres deste mes, proxectaranse os traballos que se inclúen no apartado de “Marxes fílmicas”, que comezará o día 9 de novembro co filme Electroclass. Los materiales, o día 16, Circo, o día 23, e El sol en el sol del membrillo e mais Ya viene, aguante, riégueme, mátame, que se proxectarán os dous o día 30, completan a programación deste ciclo de cine.

Podedes ver e descargar, toda a programación no blog  do propio museo 

A programación regular do cineclube, estimamos que coincidirá pasado o día da folga xeral, con filmes seleccionados para rematar o ano.